Allariz dará inicio á Festa da Patria Galega cunha cea campestre
OurenseXa
A festividade terá lugar pola noite, a partir das 21.00 horas, no Xardín do Museo do Coiro
Cartel
20 Xul 2024
A localidade de Allariz celebrará o mércores 24 de xullo, no Xardín do Museo do Coiro, a Festa da Patria Galega.
A festividade terá lugar pola noite, a partir das 21.00 horas. O programa comezará cunha cea campestre co cuarteto Par de Par como acompañamento, ademais dunha venda de polbo e churrasco.
Ás 00.00 horas será a quenda dunha lectura do bando para dar a benvida ao Día de Galicia e, seguidamente, o grupo As Vacalouras darán un concerto de fin de festa.