Allariz fai un chamamento ao aforro de auga ante a onda de calor

O Concello de Allariz fai un chamamento á cidadanía para promover o uso responsable da auga debido á complicada situación meteorolóxica que afecta á zona. As autoridades locais insisten na necesidade de adoptar medidas sinxelas para reducir o consumo de auga, como tomar duchas máis curtas, pechar as bicas cando non se usan e revisar posibles fugas nas instalacións.
Desde o concello destacan que o aforro de auga é fundamental para preservar este recurso vital, protexer o entorno natural e garantir o abastecemento para as futuras xeracións. A campaña lembra que cada acción, por pequena que sexa, contribúe a facer fronte a esta situación.