Allariz oirganiza un roteiro polo Teixedal de Casaio e as minas de wolframio

O Concello de Allariz organiza o vindeiro 27 de abril un roteiro onde as persoas participantes terán a oportunidade de vivir unha aventura única explorando o Teixedal de Casaio e as históricas minas de wolframio.
Trátase dun roteiro para os amantes da natureza e a historia que forma parte das actividades organizadas dentro do programa da Primavera na Mocidade, e está dirixido a persoas de todas as idades, iso si, darase prioridade á mocidade de 13 a 33 anos en caso de límite de prazas.
A actividade ten unha dificultade alta e un prezo de 15 euros por persoa. Os interesados en participar deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico mocidade@allariz.gal.