Allariz organiza este venres unha ruta polo Outeiro de Orraca e Cardanachama dentro do programa ‘Pisando Camiños’

Allariz acolle este venres, 25 de abril, unha nova ruta dentro do programa ‘Pisando Camiños’, onde as persoas participantes percorrerán lugares como o Outeiro de Orraca e Cardanachama a través dunha andaina circular con saída e chegada á Vila de Allariz.
O percorrido é duns 8 quilómetros e terá unha duración aproximada de dúas horas, con saída ás 10.00 horas. O punto de encontro será o Fogar dos Maiores.
Para participar será necesario inscribirse a través do teléfono 988 554 059, por correo electrónico na dirección fogardosmaiores@allariz.gal, ou de forma presencial nos Servizos Sociais Allariz ou no Fogar dos Maiores. Esta actividade de lecer ao aire libre está promovida polo Concello de Allariz.