Allariz pon fin esta fin de semana ás Xornadas pola Igualdade
O Concello de Allariz remata esta fin de semana coas actividades das Xornadas pola Igualdade, que este ano cumpliron xa vinte edicións.
Este sábado, ás 18.00 horas terá lugar na Casa da Cultura de Allariz o contrapontos "Princesas e Princesos", enfocado aos nenos e nenas menores de dez anos. A entrada será de balde para os asistentes.
Pola súa banda, mañá, domingo 17 de marzo, terá lugar a II Carreira-Andaina Solidaria pola Igualdade, que poñerá o peche final a este ciclo de actividades. Os e as rezagadas que non se anotaran previamente poderán facelo mañá antes das 11.00 horas. Ademais de promover o deporte, esta actividade tamén busca recoller alimentos para Cáritas Allariz.
A actividade arrancará ás 11.00 horas con saída dende a Praza Maior. Ao rematar a carreira, sobre ás 13.00 horas, tamén na Praza Maior, haberá un concerto de Aldaolado co seu espectáculo “ O Ben-Querer(Se), cheo de poesía, música, risas, amor e reflexións.