Amarillo Trece, un canto á positividade que enche os escenarios ourensáns

OurenseXa
Composta por tres ourensáns, a banda conseguiu esgotar as entradas para o seu primeiro concerto na capital e esta noite aterriza en Ribadavia cun concerto que promete ser todo un éxito
Amarillo-trece
Amarillo Trece
18 May 2024

A cidade de Ourense conta cunha nova banda de música que comezou a saúda andadura fai unhas apenas un mes no Rock Club de Ourense. Trátase de Amarillo Trece, unha idea que comezou a xestarse en Madrid antes do confinamento e que, finalmente, viu a luz o pasado 20 de abril.

O grupo está formado por Diego Domínguez, Marcos Ferreiro e Fabian Carreiro, tres ourensáns que contan cunha ampla experiencia musical e que agora chegan aos escenarios co seu novo proxecto. "Ao retorno de Diego Domínguez comezamos a quedar e preparar os temas", sinalan os seus integrantes.  Logo du traballo de máis dun ano, a banda conseguiu compoñer os 13 temas que hoxe lles permiten subirse aos escenarios.

Ao contrario do que se poida pensar, o seu nome é toda unha declaración de positividade, afirman os tres integrantes. "Por unha parte, o amarelo é unha asociada á mala sorte e o color prohibido no mundo artítisco, mentres que o trece é o número da mala sorte, pero a suma de dous negativos sempre dá un positivo e nós queremos ver ese lado máis optimista".

Na súa música hai amor e desamor, pero tamén hai crítica e disconformide, "sempre acompañado dun toque para poder cantar e bailar", afirman. Unhas letras traballadas e un sonido fresco son os pilares do seu éxito, que se constatou tras o seu primeiro concerto, no que conseguiron esgotar as entradas. "O noso primeiro concerto foi unha grata experiencia, rodeados de xente que estaba con moitas ganas de descubrir o que facíamos. Foi unha experiencia moi positiva xa que a resposta do público foi a mellor que podíamos esperar, recibimos moitos comentarios positivos da xente e iso danos moito ánimo a continuar con este proxecto".

Preguntados polo seu característico estilo musical, os seus membros aseguran que non se definen dentro dun só estilo "xa que a variedade de gustos dentro da banda levounos a ter un son particular". "Temos moitas e variadas influencias cada un de nós, desde o pop dos 80/90, pasando polo mundo electrónico e mesmo clasicos do Rock ou Metal", explican.  "Non creemos que teñamos que definirnos dentro dun só estilo. O publico defínenos e tenta clasificarnos pero nós non tratamos de definirnos e centrámonos mais en soar como nós mesmos, achegando cada un o seu granito de area, e iso e o que nos levou a ser Amarillo Trece"

A súa andaina nos escenarios continúa este sábado en Ribadavia, cun concerto na Praza Maior que comezará ás 20.30 horas. Ademais, contan con outros dous concertos ás súas espaldas, o que constata que a banda chega a Ourense pisando forte. "Esperamos ter o verán repleto de actuacións e desexamos que a xente baile e goce coa nosa musica", sinalan.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17986106872559