Amigos das Termas pide explicacións ao alcalde polo estado da zona do Muíño da Veiga

A plataforma Amigos das Termas vén de denunciar o completo estado de abandono no que se atopan as termas do Muíño da Veiga, unhas das máis visitadas de Ourense. Ademais, piden explicacións ao goberno de Gonzalo Pérez Jácome.
Foi o Goberno Municipal o que reabriu este espazo o pasado 26 de xuño “tras baixar o nivel do río e logo dos traballos de limpeza e mantemento realizados polo Concello de Ourense”, tal e como informaban nun comunicado.
Os usuarios, porén, quéixanse do estado das instalacións que presentan unha ducha rota, táboas soltas no chan, céspede con herba sen recoller e os pasamáns e accesos rotos.