Amoeiro prepárase para acoller as Festas de Bóveda

OurenseXa
A Parroquia de San Paio de Bóveda arranca este venres as súas festas de 2024 que contarán con diversas actuacións musicais durante a fin de semana
Cartel das Festas de Bóveda (Amoeiro)
Cartel das Festas de Bóveda (Amoeiro)
5 Xul 2024
As Festas de San Pelaio de Bóveda chegan este vernes á parroquia do Concello de Amoeiro cunha ampla programación que incluirá diversas actuacións musicais ao longo da fin de semana.
A festa dará comezo este venres cunha churrascada para a veciñanza no Campo da Festa ás 22.00 horas, seguida dunha verbena a cargo dos grupos La Nave e Tentaciones que se estenderá ata ben entrada a madrugada.
O sábado será o día grande, que arrancará xa ás 13.00 horas cunha sesión vermú. Ás 00.00 horas  será o turno da verbena a cargo dos grupos Pontevedra e a discomóbil A Gramola, unha das máis recoñecidas da provincia.
As festas rematarán o domingo, 6 de xullo, cunha sesión vermú que contará coa participación da charanga Big Band e unha verbena a cargo do grupo Xoldra, que será o encargado de pechar as festas de este ano.
0.13562703132629