Amplían a exposición da mostra 'A nosa xente', protagonizada pola veciñanza de Celanova

OurenseXa
A mostra fotográfica 'A nosa xente', de Carlos Teijeiro, poderá visitarse ata comezos de setembro
Carlos Teijeiro
29 Ago 2024

A Casa dos Poetas acolle ata comezos de setembro o a exposición fotográfica 'A nosa xente' de Carlos Teijeiro. Trátase de 40 fotografías tomadas durante varias feiras celebradas en Celanova nas que se recolle a vivencia e costumes, nestas xornadas de tanta afluencia na vila que teñen lugar cada xoves na Praza Maior.

Carlos Teijeiro é orixinario de Pontevedra, ainda que reside en Madrid. O artista mantén un estreito contacto coa provincia de Ourense, xa que pasa os veráns en Ramirás, de onde é a súa muller.

0.10248184204102