Antonio Piñeiro incorpórase á xunta directiva de ACAMFE en representación das Fundación Curros Enríquez e Carlos Velo

OurenseXa
A Asociación Ibérica de Museos y Fundaciones de Escritores (ACAMFE), que agrupa a 43 casas museo e fundacións da Península Ibérica, vén de celebrar o seu 30 aniversario
Nova Xunta Directiva de ACAMFE coa vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz
Nova Xunta Directiva de ACAMFE coa vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz
16 sep 2024

A Asociación Ibérica de Museos y Fundaciones de Escritores (ACAMFE), que agrupa a 43 casas museo e fundacións da Península Ibérica, celebrou o seu 30º aniversario en Madrid con motivo do seu encontro anual. O evento incluíu unha asemblea na Residencia de Estudiantes, na que se escolleu unha nova xunta directiva encabezada por Uxío Novo, secretario da Fundación Uxío Novoneyra, quen asume a presidencia en substitución de Victoria Galán, directora da Casa Museo Benito Pérez Galdós. A nova dirección estará acompañada por institucións como a Fundación Cupertino de Miranda, a Casa Museo de Cervantes en Alcalá de Henares, a Casa-Museo de Unamuno da Universidade de Salamanca, a Fundación Juan Ramón Jiménez-Zenobia, a Fundación Gregorio Prieto e a Fundación Curros Enríquez e Carlos Velo.

Un dos momentos destacados do encontro foi a recepción da Vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, quen saudou ós participantes na Biblioteca Nacional durante a súa visita á exposición "Unamuno y la Política: De la Espada a la Pluma". Na súa intervención, Díaz agradeceu o compromiso das casas museo e fundacións de escritores, destacando "o valor da súa labor na preservación e difusión do legado artístico e cultural". A delegación tamén tivo a oportunidade de visitar a Casa Museo Lope de Vega e gozar do recital musicado de poetas da Xeración do 27, Vicente Aleixandre, Carmen Conde e Gloria Fuertes grazas á cantante Ana Cuenca no Salón da Residencia de Estudiantes, lugar de vida durante os estudos da maioría deles.

O encontro contou ademais coa participación de destacadas delegacións internacionais, entre elas o Comité Mundial ICLCM de museos literarios, musicales e artísticos, a Asociación Italiana Casa della Memoria, a Asociación Portuguesa de Casas Museu, xunto á Asociación Colegial de Escritores, a rede Espais Escrits de promoción de lectura e estudio de literatura catalá e a rede RELIGA de Casas, Museos, Fundacións e Espacios Literarios de Galicia.

A nova xunta directiva de ACAMFE marcou como principais retos para esta nova etapa o impulso a proxectos como a creación dunha rede europea de museos de personaxes ilustres, a celebración do Día das Linguas Ibéricas, e o desenvolvemento de iniciativas de transformación dixital, internacionalización e sostenibilidade, alineados cos desafíos contemporáneos na xestión do patrimonio literario.

0.15095996856689