Aprobadas as bases do concurso para a concesión de subvencións para o fomento do Termalismo Social na provincia de Ourense

OurenseXa
As axudas están dotadas cun orzamento de 140.000 euros
Balneario de Lobios
Balneario de Lobios
13 Jan 2025

A Deputación de Ourense saca adiante a aprobación das bases reguladoras do concurso para a concesión de subvencións para o fomento do Termalismo Social nos establecementos balnearios da provincia de Ourense, dotadas cun orzamento de 140.000 euros.

A través do procedemento regulado destas bases, a Deputación Provincial de Ourense concederá subvencións para programas de Termalismo Saudable; de Cultura Termal; de Termalismo Azul; de Respiro Termal; contra a soidade non desexada; e de Termalismo Inclusivo.

As técnicas colectivas incluídas neste Programa terán a duración que se recolla en cada acordo e que será, como mínimo, dunha xornada (1 día), e un máximo de 30 xornadas (30 días). A distribución temporal realizarase a criterio do establecemento balneario ou termal que subscriba cada convenio. A realización de todas as estancias, e/ou recepción dos tratamentos subvencionados a través destes Programas, terán lugar entre o día seguinte ao da publicación destas bases, e ata o 15 de decembro de 2025.

A datas de goce serán elixidas polas persoas solicitantes nos períodos ofertados fóra dos Programas termais contra a soidade non desexada e de Inclusividade cuxas datas serán propostas dos establecementos ofertantes e dentro do acordo que regule o seu desenvolvemento.

Os períodos de realización das estancias no Programa de Termalismo Saudable, Programa de Termalismo Azul e Programa de Respiro Termal, iniciaranse, preferentemente o luns, día de chegada, e ata o sábado, día da saída. Respecto ao Programa de Cultura Termal iniciaranse o sábado, día de chegada, ata o domingo, día de saída. Os períodos de tratamentos vinculados ao Programa de Soidade Non Desexada e ao Programa de Termalismo Inclusivo, desenvolveranse segundo o calendario ofertado polo establecemento elixido.

 

0.16156005859375