Aprobados definitivamente os orzamentos do Concello da Bola para 2025

O Boletín Oficial da Pronvincia (BOP) vén de publicar a aprobación definitiva do o orzamento xeral do Concello de A Bola para o exercicio económico de 2025, que foi acordado na sesión celebrada o pasado 11 de decembro de 2024. O documento prevé un equilibrio entre ingresos e gastos, cun montante total de 1.500.882 euros.
Distribución do orzamento
O estado de gastos establece unha asignación de 678.941 euros para persoal, mentres que os bens correntes e servizos contan cunha dotación de 646.380 euros. As partidas destinadas a gastos financeiros ascenden a 28.000 euros, e as transferencias correntes sitúanse en 8.500 euros. En canto aos investimentos reais, o orzamento recolle unha contía de 59.060 euros, mentres que para pasivos financeiros resérvase unha suma de 80.000 euros.
Pola súa banda, o estado de ingresos divídese en varias fontes: os impostos directos achegarán 217.886 euros, mentres que os impostos indirectos suman 10.000 euros. As taxas, prezos públicos e outros ingresos representarán 134.300 euros. Ademais, o Concello recibirá 853.209 euros en transferencias correntes e 140.060 euros en transferencias de capital. Finalmente, os ingresos patrimoniais están cifrados en 113.124 euros.