Armental, na Peroxa, celebra as súas patronais en xullo

A parroquia de Armental estará de festas a fin de semana do 20 e 21 de xullo na honra á Virxe do Carme.
A xornada festiva dará comezo o sábado pola noite, ás 21.00 horas, coa misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Los Coleguitas de Venezuela.
O domingo, a sesión relixiosa será ás 13.00 horas, con misa e procesión; seguida dunha sesión vermú e verbena de fin de festa, amenizada por Gloss.