Arranca a segunda edición do Festival Lembranza Ibérica de Celanova

OurenseXa
Os asistentes poderán gozar durante tres xornadas da mellor música tradicional galega
II Festival Lembranza Ibérica
8 Ago 2024

Celanova acolle, por segundo ano consecutivo, o Festival 'Lembranza Ibérica', unha cita para gozar durante tres xornadas da mellor música tradicional galega.

A edición deste 2024, que arranca este mércores 7 de agosto contará coas actuacións de Lembranza Solpor, a Escola de Gaitas de Ortigueira, a Banda de Gaitas do Concello de Celanova, Pandereiteiras Celavella, Castro Floxo, a Banda de Gaitas de Castrillón, Maskarpone, Abóriga e Böj.

O festival contará tamén con actividades como obradoiros de danza ou xogos populares, e os asistentes poderán gozar ao ritmo dos pasarrúas que porán a música polas rúas da vila. Ademáis, para a xornada do venres esta programada unha foliada libre ao rematar o último dos concertos

Programa do Festival Lembranza Ibérica 2024
0.19077205657959