Arranca unha campaña de conservación dos firmes nas estradas autonómicas da provincia de Ourense

OurenseXa
Afectarán á N-525, á OU-114, á OU-113 e á OU-113, así como o treito autonómico da autoestrada Santiago – Ourense
xunta-visita-rios
9 May 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Riós para, da man da súa alcaldesa, Eva Barrio, supervisar o estado das obras de conservación nun treito antigo da N-525, na contorna do río Mente, que foi transferido polo Estado á Xunta de Galicia co traspaso de competencias tralo Estatuto de Autonomía, nas que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, investiu 47.000 euros.

O delegado territorial explicou que se trata dunha intervención na ‘Curva do enxeñeiro’ (pk1+590), escenario da morte do enxeñeiro xefe do proxecto, José Fernández España, que traballaba no deseño da liña de tren que uniría o Sur de Galicia coa península tras un estraño accidente. Así, nesta curva realizaranse actuacións de saneamento completo duns 70 m de lonxitude nos 7 m de ancho da calzada.

Esta vía, anteriormente con código OU-142, agora non catalogada como estrada, practicamente non ten tráfico rodado xa que non ten continuidade coa rede, remata cortada nun noiro da N-525, e o seu maior uso é agrícola para mantemento das fincas e forestal. Si que coincide en boa parte cun treito do Camiño de Santiago da Vía da Prata polo que os traballos estarán orientados a mellorar as condicións para as persoas que transiten a pe.

Manuel Pardo puxo en valor o esforzo do Goberno galego na conservación e o mantemento do dominio público viario da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, e destacou que a seguridade viaria é unha prioridade absoluta para o Goberno galego, posto que se trata da integridade e a vida das persoas e non hai nada por riba diso. Por isto, a Xunta de Galicia reserva nos Orzamentos cada ano partidas orzamentarias específicas para a mellora da seguridade viaria, tanto coa execución de obras como con medidas de sensibilización e con partidas especificas para usuarios vulnerables como sendas peonís e ciclistas ou para as actuacións referidas aos Camiños de Santiago.

Traballos de conservación

O delegado territorial da Xunta informou tamén que se iniciaron os traballos de conservación das estradas autonómicas na provincia de Ourense, principiaron na OU-114 (variante estación Campobecerros), na OU-114 pk 05+200 e na OU-113, en Castrelo do Val;
OU -533 (variante de Fornelos), en Viana do Bolo. As actuacións, que se están a desenvolver, consisten na limpeza de gabias, xestión da biomasa e barrido das estradas. Tamén se leva a cabo a mellora de firmes mediante tratamentos superficiais (DobreTS y TripleTS).

Estes traballos súmanse ás obras en execución de reforzos de firme nas estradas autonómicas da zona de Valdeorras, cun investimento de máis de 3 millóns de euros aos que se unirá tamén este ano a nova capa de rodaxe no treito autonómico da autoestrada Santiago – Ourense, AG-53.

⚙ Configurar cookies
0.17358207702637