Arrancan en Allariz as VII 'Semanas das e dos Maiores' para promover o envellecimento activo

OurenseXa
A iniciativa pon en valor o recoñecemento por parte de toda a sociedade cara as persoas maiores
Semana dos maiores de Allariz, 2023
Semana dos maiores de Allariz, 2023
30 sep 2024

As VII 'Semanas dos Maiores' regresan este luns a Allariz baixo o lema 'Tempo de goce!', unha iniciativa que a través de diversas propostas e actividades nas que se contemplan as diferentes dimensións do envellecemento activo, poñen en valor o recoñecemento por parte de toda a sociedade cara as persoas maiores.

Organizadas polo Concello de Allariz a través da Concellería de Benestar Social, o seu fin é reivindicar que as persoas maiores non só contan, senón que tamén contribúen e achegan valor, subliñando o seu papel activo e a súa participación na vida comunitaria. As actividades estenderanse ata o vindeiro 11 de outubro e contemplan unha andaina, un obradoiro, unha viaxe a Lugo e unha cea popular.

Programa de actividades

  • Andaina: O 30 de setembro comeza a programación cunha andaina pensada para desfrutar da natureza e compartir momentos entre a veciñanza maior de Allariz. Inscricións: do 23 ao 27 de setembro.
  • Obradoiro "A que tivo retivo! A sexualidade en mulleres maiores": O día 2 de outubro, Carla Sebastián Pegolo impartirá este obradoiro dirixido a mulleres maiores, co obxectivo de visibilizar e reflexionar sobre a sexualidade na idade madura. Inscricións: do 23 de setembro ao 1 de outubro.
  • Viaxe á cidade de Lugo: O 8 de outubro organizarase unha excursión a Lugo, unha oportunidade para coñecer mellor a historia e cultura desta cidade galega. Inscricións: do 23 de setembro (a partir das 09:00 h) ata o 2 de outubro.
  • Cea e verbena: O 11 de outubro, como colofón ás semanas, celebrarase unha cea seguida dunha verbena, onde a diversión e o bo ambiente estarán garantidos. Inscricións: do 23 de setembro ata o 8 de outubro.
0.13962507247925