As caldas da Chavasqueira e do Muíño da Veiga non abrirán o 1 de abril

OurenseXa
O Concello segue sen data prevista para a reapertura oficial destes espazos, un dos maiores atractivos turísticos da cidade
termas-ourense
29 Mar 2025

“As termas da Chavasqueira e do Muíño da Veiga abrirán ao público tan pronto cando o caudal do río Miño o permita”, aseguraban este venres dende o Goberno municipal de Ourense. O Concello

Segundo explican, o Concello “tiña prevista a súa entrada en servizo para o día 1 de abril, coa empresa que gañou a licitación para a xestión destas instalación”, algo que non vai suceder, segundo desprende a información achegada polo executivo, que asegura que “as crecidas do río Miño fan necesario levar a cabo traballos adicionais de acondicionamento, limpeza e desinfección destes espazos, que son precisos para que se poidan poñer á disposición do público nas condicións axeitadas, e cumprir os parámetros definidos pola normativa galega reguladora de espazos termais”.

No mesmo comunicado, o Concello afirma que ten previsto iniciar a execución destes traballos “tan pronto como sexa posible”, pero escusa especificar unha data concreta.
Unha situación que está a xerar un gran descontento entre os centos de usuarios destes espazos, que levan tempo denunciando o “desleixo” do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, co termalismo público, cuestión que se agravou fai algúns meses, tras anunciar que piscina das Burgas non reabriría este ano e que a intención do goberno municipal é privatizala.

As críticas ante a política termal por parte do rexedor chegan tamén dende o PSdeG no Concello, que denunciou a “pésima xestión” do alcalde “en todos os eidos e, especialmente, no turismo que verá, previsiblemente, como comeza co 80% das instalacións termais inoperantes unha das tempadas que máis visitantes atrae a Ourense”.

⚙ Configurar cookies
0.56860709190369