As festas da Follateira regresan este venres cun gran programa de actividades

OurenseXa
A disco móbil Gramola poñerá a música durante a noite deste venres
festas-a-follateira
9 May 2025

A Follateira celebra as súas festas entre este venres, 9 de maio, e o domingo, 11 de maio, cun variado programa de actividades cheo de música e eventos para todos os públicos.

As actividades comezarán hoxe cun pasarrúas a cargo da Charanga BCB, que percorrerá as rúas do barrio. Á medianoite, a festa continuará coa disco móbil Gramola, que animará a Avenida Otero Pedrayo cun ambiente festivo e música. O sábado 10 de maio será outro día cheo de actividades, comezando cun pasarrúas pola Avenida de Bos Aires e Otero Pedrayo, a cargo da charanga Nova de Trives. Durante a tarde, os nenos poderán gozar dunha fiesta infantil con xogos na Avenida Otero Pedrayo, e ás 20.00 horas, o grupo musical Xoldra tomará o escenario para animar a festa. A noite culminará coa verbena con Funçao Públika na Avenida Otero Pedrayo.

O domingo 11 de maio, a xornada comezará cun pasarrúas polos barrios co grupo de gaitas Os Chimpafigos. A continuación, ás 11.00 horas, haberá outro pasarrúas pola Avenida de Bos Aires e Otero Pedrayo coa charanga El Tatto. As celebracións pecharanse ás 20.00 horas coa música da Orquestra La Travesía.

⚙ Configurar cookies
0.16188597679138