As Festas da Valenzá arrancan este venres con diversas actuacións musicais
A Valenzá volverá a acoller, un ano máis, as súas tradicionais festas que este ano desenvolveranse entre o 7 e o 11 de xuño con diversas actuacións musicais e atraccións para os mais pequenos.
Tras os problemas do ano pasado, logo de que a orquestra Panorama cancelara a actuación prevista, as festas de este ano esperan desenvolverse con total normalidade.
O Concello de Barbadás aposta por unhas festas libres de violencia de xénero coa instalación dun punto violeta durante as festas. A carpa instalarse no Parque da Liberdade dende este sábado, 8 de xuño.
O programa arranca o venres, 7 de xuño, coas actuacións da escola de baile Móvete Galicia, que actuará ás 21.30 horas na palco da orquestra, e a verbena Yukatan, que animará a noite na avenida de Celanova.
O sábado, as actividades comenzarán xa a mediodía coa actuación da Banda de Música Cultural de Barbadás. Pola noite, a partir das 21.00 horas, a música estará a cargo de artistas como DavidVS e NTW ENDIII e, as 23.00 horas, o Parque da Liberdade acollerá o espectáculo "A Valenzá Festival", que contará coas actuacións da discomóbil A Gramola e DJ como a Juanjo García, Omy Cid, Samu Pexe, Eric García, Marcos Gramola e Adri V.
Para a noite do domingo a festa estará a cargo da orquestra Verano Azul, mentres que o luns, a discomóbil Tosho Events será a encargada de poñer o peche final a estas festas, que tamén contarán cunha sesión de karaoke.
Programa completo
Venres, 7 de xuño
21.30 horas. Actuación da escola de baile Móvete Galicia no palco da orquestra.
23.30 horas. Verbena co grupo Yucatan na avenida de Celanova.
Sábado, 8 de xuño
12.30 horas. Actuación da banda de Música Cultural de Barbadás.
21.00 horas. Actuación de música urbana
23.00 horas. 'A Valenzá Festival' no parque da Liberdade, coa actuación da discomóbil Gramola e os DJs Juanjo García, Damu Peixe, Omy Cid, Eric García, Marcos Gramola e Adri V.
Domingo, 9 de xuño
21.30 horas. Actuación da orquestra Verano Azul na avenida de Celanova
Martes, 11 de xuño
Actuación da discomóbil Tosho_Events e karaoke na praza do pobo