As Festas das Neves regresan a Maceda cunha programación que se estenderá ata o 15 de agosto
OurenseXa
Os festexos arrancarán ás 23.30 horas deste venres cun concerto de Antonio Barrios e Ialma
2 Ago 2024
As Festas Patroniais 'As Neves' regresan a Maceda este venres, 2 de agosto, e durarán ata o vindeiro 15 de agosto, cunha programación que incluirá máis dunha vintena de espectáculos musicais.
Os festexos arrancarán ás 23.30 horas deste venres cun concerto de Antonio Barrios e Ialma, e continuarán durante a xornada do xoves, 8 de agosto, coa actuación de Budiño e Roberto Sobrado.
Ademáis, o venres 9 de agosto terá lugar a tradicional cea popular 'As Neves', cuxos tickets poderán mercarse ata o 7 de agosto.
Os festexos continuarán os días 10, 11, 12, 13 de 15 de agosto con diversas actividades e concertos, entre as que destaca a chegada das Xornadas de Folcrore, que achegarán á cultura de México, Senegal e Panamá ao concello ourensán.