As IV Xornadas de formación e encontro de ACEGA terán lugar en Ourense
OurenseXa
A xornada organizada pola Asociación de Celíacos de Galicia terá lugar sábado no Centro Cultural Marcos Valcárcel
Centro Cultural Marco Valcarcel
21 Nov 2024
O sábado día 23 de novembro, terán lugar no Centro sociocultural Marcos Valcárcel de Ourense as IV Xornadas de formación e encontro de ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia).
Os asistentes poderán coñecer diferentes puntos de vista sobre a celiaquía, dende sectores tan diversos como o da medicina, a nutrición, a farmacia, a odontoloxía, etc., así como outros externos a este campo e que afectan en gran medida á saúde dos celíacos e celíacas: a restauración fóra da casa.
Ademais, explican desde ACEGA, “resolveremos moitas das dúbidas que xiran en torno á celiaquía cunha mesa redonda composta por grandes profesionais de campos moi variados: farmacia, odontoloxía,fertilidade, etc.”.