As Noites Teatrais de Vilamarín acolle unha nova obra no seu terceiro día

OurenseXa
É a quenda de 'Testosterona', unha comedia de Sabina Bernan onde se fai fincapé na desigualdade laboral
cartel das noites teatrias de vilamarin terceiro dia
Cartel
17 Xul 2024

O concello de Vilamarín acolle a 25 edición das Noites Teatrais, unha actividade totalmente libre onde os asistentes poderán gozar de distintas compañías de teatro desde o luns, 15 de xullo ata o venres 19.

Neste terceiro día é a quenda de 'Testosterona' unha comedia de Sabina Bernan, con dirección de Xoque Carbajal e interpretada por Camila Bossa e Luis Iglesia.

O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Unha é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..

Testosterona fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? A autora mexicana Sabina Bernan, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faio de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.

 

0.16415500640869