As socialistas de Ourense cualifican a subida da taxa do lixo aprobada no Pleno como un “capricho” do alcalde

OurenseXa
Rexeitan “o tarifazo” do lixo á veciñanza por un servizo que o Concello de Ourense, denuncian, non está pagando, e demandan unha auditoría externa tras aprobarse no pleno a nova ordenanza reguladora das tarifas do servizo de recollida e tratamiento de residuos
maria-fernandez-ojea-psoe-ourense
29 Dec 2025

As concelleiras do grupo municipal socialista de Ourense amosan o seu rexeitamento á nova ordenanza reguladora das tarifas do servizo de recollida e tratamiento de residuos do Concello de Ourense, ao considerar que a “subida indiscriminada” dos recibos responde a un “capricho” do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, ante uns servizos que din, “atópanse en precario e non se melloran e ningún aspecto”.

Segundo a concelleira socialista, María Fernández Ojea, o problema principal da nova ordenanza é que o Concello de Ourense “non paga o servizo de recollida de lixo, mentres os veciños e veciñas terán que pagar un 45% máis por un servizo que non sabemos cantos nos custa porque o contrato está en precario”.

Para as socialistas, Jácome basea a subida nunha estimación sen coñecerse o custo exacto xa que advirten, “ non sabemos canto nos custa porque non pagamos o recibo e lle debemos máis de 10 millóns de euros á concesionaria dende fai anos, tal e como sucede con varias concesións”. Para o PSdeG no Concello de Ourense, o alcalde excúsase botando á culpa a unha lei estatal que o busca é que se melloren os servizos e se apliquen melloras medioambientais, mentres que as bonificacións aplicadas pola nova ordenanza soamente beneficiarían, segundo o PSOE, a 9 unidades familiares “Non se sabe nin cómo se van a poder solicitar, nin como se van a aplicar”, advirten as socialistas, que sinalan que “non hai máis que pasear por Ourense para ver o declive e deterioro dos servizos básicos da cidade”.

O mesmo, din, acontece co servizo da auga. Segundo as concelleiras, Ourense vivie “nunha estimación” onde “o Concello non paga polo servizo de auga mentres lle subimos o recibo aos veciños e veciñas e supón que paguemos máis por non pagar en tempo e forma”.

Por iso, demandan unha auditoría externa para aforrar custes no servizo da auga e que se fiscalice de xeito axeitado dado que, denuncian, o Goberno municipal presenta un procedemento para pagar a débeda a Viaqua, “tarde, mal e sen fiscalizar debidamente polo órgano de xestión ornamentaría e a intervención municipal”, o que consideran un “síntoma de que o Concello non se preocupa polo interese público”.

A nova ordenanza saíu adiante no pleno extraordinario deste luns, 29 de decembro de 2025, cos votos en contra de PSOE e BNG e os votos a favor de PP e Democracia Orensana.

⚙ Configurar cookies
0.086097002029419