Axenda de campaña para esta fin de semana na provincia de Ourense
Axenda electoral para esta fin de semana na provincia de Ourense:
BNG
10.30 horas. A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, manterá un café con pensionistas para escoitar a súa situación e trasladará as propostas do BNG que impulsará a partir do 18F para mellorar a vida deste colectivo. Posteriormente, realizará declaracións aos medios.
12.30 horas. A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, mantén un encontro coa veciñanza do Concello de Trasmiras para pedir o voto ao BNG nestas eleccións do vindeiro 18F e trasladar as propostas do BNG.
16.30 horas. A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, mantén un encontro coa veciñanza do Concello de Vilar de Santos para pedir o voto ao BNG nestas eleccións do vindeiro 18F e trasladar as propostas do BNG.
PSdeG-PSOE
11:00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan nun reparto informativo polas rúas de Ribadavia aproveitando o día de feira (Feira de Ribadavia).
11:00 a 13:00 horas . Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía.
14:30 horas. Xantar de entroido da asociación veciñal Laxas no campo da feira das Curuxeiras.
17:00 horas. Partido do club de fútbol sala Cidade das Burgas contra o Leganés.
17:00 a 19:00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía.
18:00 horas. Paseo e reparto informativo da candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense polo barrio da Ponte.
19:00 horas. Encontro provincial organizado por Xuventudes Socialistas no que participan as candidatas e candidatos, Carmen Rodríguez Dacosta, Xurxo Doval, Ainoa Rodríguez e Miguel Gómez.
PP
14.00 horas. Mariano Rajoy, Paula Prado, Luis Menor, José González e Argimiro Marnotes participan nun xantar mitin en O Carballiño, xunto a representantes do Partido Popular da comarca (Parque Municipal de O Carballiño).
18.00 horas. Mariano Rajoy e Elena Rivo con representantes do Partido Popular de Barbadás (Sede PP Barbadás).
19:30 horas. Mitin en Celanova, no que participan Mariano Rajoy, Luis Menor, Elena Rivo e José Luis Ferro, coa intervención de Pablo Pérez