Axenda de campaña para o mércores 14 de febreiro
Axenda electoral para este mércores 14 de febreiro na provincia de Ourense:
BNG
11.30 horas. A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, acompañada por membros da candidatura, alcaldes e alcaldesas, portavoces municipais, concelleiras e concelleiros e deputados provinciais, realizará declaracións aos medios de comunicación (Escaleira da Catedral. Praza de San Martiño. Ourense)
18.00 horas. A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, mantén un encontro sectorial para falar das propostas do BNG en materia sanitaria (Centro Cívico do Barrio da Ponte).
20.30 horas. A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, participa nun encontro coa veciñanza do Carballiño. Tamén intervirá a portavoz municipal, Sofía García, o militante Luis Miguel “Luismo” (Casa da Cultura de Carballiño).
PSdeG-PSOE
11.00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan nun reparto informativo polas rúas de Xinzo de Limia aproveitando o día de feira.
11.000 a 13.00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa ciudadanía
13.00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan nun reparto informativo polas rúas de Amoeiro aproveitando o día de feira.
17.00 a 19.00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía.
20.00 horas. Mitin no que participa o Ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska; a candidata do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta; o candidato ao Parlamento de Galicia, Nacho Gómez; e a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez Barja (A Pobra de Trives)
PP
8.30 horas. Victoria Núñez, Noelia Pérez, Marisol Díaz e Ana Méndez nun almorzó con AJE.
12.00 horas. Miguel Santalices e Aurelio Gómez Villar nun paseo informativo polo Parque Barbaña.
12.00 horas. Marisol Díaz, Miguel Viso e Belén Iglesias nun paseo informativo pola Milagrosa e a Carretera da Granxa.
13.00 horas. Miguel Santalices e Aurelio Gómez Villar nunha reunión na Avenida Barbaña.
17.00 horas. Miguel Santalices e Aurelio Gómez Villar nun paseo informativo pola Avenida de Portugal.
17.30 horas. Marisol Díaz, Miguel Viso e Belén Iglesias nun paso por Barrocás Novo.
18.00 horas. Noelia Pérez e representantes do Partido Popular nun paseo informativo por Eirasverdes e Quintela.
19.00 horas. Membros da candidatura nun paseo informativo pola zona Farixa.