Axenda de campaña para o xoves 15 de febreiro

OurenseXa
Axenda electoral para o xoves 15 de febreiro na provincia de Ourense
Votar
Elecciones
15 Feb 2024

Axenda electoral para este xoves 15 de febreiro na provincia de Ourense:

BNG

17.00 horas. A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, participa nun encontro feminista para trasladar as principais medidas que o BNG impulsará no goberno da Xunta de Galiza en materia de igualdade e dereitos.

20.30 horas. A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, mantén un encontro coa veciñanza de Verín. Participarán tamén o tenente de alcalde de Verín e candidato, Diego Lourenzo, e o candidato, Secundino Fernández (Casa da Cultura do Concello de Verín).

PSOE

11:00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan nun reparto informativo polas rúas de Celanova aproveitando o día de feira.

12:00 horas. Candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia participan nun reparto informativo polas rúas da Pobra de Trives aproveitando o día de feira.

11:00 a 13:00 horas. Posto informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía.

17:00 a 19:00 horas. informativo do PSdeG-PSOE de Ourense na rúa do Paseo. Repartos informativos e conversas coa cidadanía.

18:00 horas. Mitin do PSdeG-PSOE de Ourense no que participan a candidata ao Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta; o candidato, Nacho Gómez; e a alcaldesa de Vilardevós, Eva Pérez Gamote.

19:00 horas. Mitin no que participa a candidata ao Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta; o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso; e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane. (Casa da Cultura de Verín)

PPdeG

11.00 horas. José Luis Ferro e representantes do Partido Popular de Celanova asisten á Feria de Celanova

12.00 horas. Marisol Díaz, Miguel Viso e Belén Iglesias nun paseo informativo por Pena TRevonca (Ourense).

17.00 horas. José González e representantes do Partido Popular de Sandiás un paseo informativo por Sandiás.

17.00 horas. Noelia Pérez e representantes do Partido Popular nun paseo informativo por A Ponte (Ourense).

17.00 horas. Miguel Santalices e Aurelio Gómez Villar nun paseo informativo por Francisco de Moure (Ourense).

17.30 horas. Marisol Díaz, Miguel Viso e Belén Iglesias nun paseo informativo pola Avenida de Bos Aires (Ourense).

18.30 horas. José González e representantes do Partido Popular de Porqueira nun paseo informativo por Porqueira.

19.00 horas. Membros da candidatura nun psaeo por Mariñamansa.

20.00 horas. Miguel Tellado, José González e Luis Menor, coa intervención de Victor Manuel Baladrón, participan nun mitin en Verin (Pavillón Deportes Colexio Os Mercedarios).

20.00 horas. Elena Rivo, Miguel Santalices, Noelia Pérez e Mario Guede nun mitin en A Ponte (Local AAVV A Ponte, Ourense).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15147995948792