Baños de Molgas acolle un concerto da agrupación musical Os do Fuelle

Este martes día 6 ás 19:30 horas, o Parque Ansuiña, será o escenario dun concerto da agrupación musical “Os do fuelle”, procedente de Maceda. A Actuación enmárcase na programación cultural organizada polo Concello de Baños de Molgas durante o verán e conta co apoio e a colaboración da Deputación de Orense.