Baños de Molgas presenta unha nova edición do 'Son do Arnoia'
									OurenseXa								
			O Festival celebrarase o 16 de agosto, no parque Ansuiña
 					
					
30 Jul 2024
			
				O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou esta mañá na presentación do festival de música “Son do Arnoia”.
O Festival celebrarase o 16 de agosto, no parque Ansuiña, a partir das 20.00 horas e levará ao público a revivir cancións que marcaron épocas pasadas coas actuacións de Son do Sil, Somoza Trio, Black Stereo e Disco móvil Ourense.
