Baños de Molgas súmase aos concellos que apostan por espazos libres de fume

OurenseXa
A Asociación Española Contra o Cancro e Concello de Baños de Molgas sacaron adiante unha iniciativa para liberar de fume de tabaco a área recreativa fluvial Ansuiña
Parque Ansuiña, Baños de Molgas
29 Maio 2024
Baños de Molgas súmase á inciativa "Espazos sen fume" posta en marcha pola Asociación Española Contra o Cancro e coa que se pretende promover a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e electrónico, en espazos abertos de uso público e colectivo, con independencia da súa titularidade pública ou privada.
Trátase da área recreativa fluvial Ansuiña que, a partir de agora, queda libre de fume de tabaco. Á inauguración acudiron o presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense, Germán Rodríguez-Saá e o alcalde de Baños de Molgas, Manuel Ángel Fernández Movilla.
A decisión foi tomada a través dunha votación popular entre os veciños e veciñas deste concello, que tiñan que elixir entre tres áreas distintas: o Parque Ansuiño, o Parque Infantil de Baños de Molgas e o Paseo do Río.
Desde o Concello lembran que non se trata dunha prohibición senón de concienciar á poboación do espazo elixido democraticamente e que dependerá de cada quén respectalo.
0.1637179851532