Barbadás abre o prazo de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2024-2025

OurenseXa
Ademáis, tamén está aberto o prazo para o programa 'Bos Días Cole'
Extraescolares-pintura
Barbadás abre o prazo de inscriciión para as actividades extraescolares do curso 2024-2025
10 Xuño 2024

O Concello de Barbadás abre o prazo para solicitar a inscrición nas actividades extraescolares e no o programa 'Bos Días Cole' para o vindeiro curso escolar. As solicitudes poden realizarse desde este mesmo luns, 10 de xuño, ata o vindeiro 5 de xullo.

As inscripción poden realizarse de forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás, de forma presencial no rexistro na Casa do Concello (Oficinas A Valenzá), ou en calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.

Os listados provisionais serán publicados o 22 de xuño mentres que para a listaxe definitiva haberá que esperar ao 31 de xullo.

 

 

0.2196991443634