Barbadás conmemora o Día do Orgullo LGTBI cun concerto do grupo Guezos

OurenseXa
O grupo Guezos dará un concerto pola diversidade o vindeiro venres, 28 de xuño, no Parque dos Patos da Valenzá
Guezos
25 Xuño 2024

O Día Internacional do Orgullo LGTBI celébrase cada 28 de xuño desde 1970, data que marca o inicio do movemento internacional polos dereitos do colectivo.

Con motivo desta efeméride, o grupo de folk ourensán Guezos, ofrecerá un concerto pola diversidade no concello de Barbadás. A cita terá lugar o venres, 28 de xuño, ás 21.00 horas no Parque dos Patos da Valenzá. A entrada será libre e de balde para os asistentes.

Desde o Concello amosan o seu comprosimo co fomento da inclusión “xa que se trata dun colectivo que merece a nosa atención e que ofrece unha gran colaboración ao mundo cultural”, afirma o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.

0.19466400146484