Barbadás organiza un obradoiro para elaborar a máscara da Pita e os ovos

OurenseXa
Terá lugar o sábado, 8 de febreiro, e está dirixido aos máis pequenos do concello
taller-entroido-barbadas
3 Feb 2025

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Turismo organiza un obradoiro infantil para elaborar a máscara da Pita e os ovos, con motivo do Entroido deste ano, 2025.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade e terá lugar o sábado, 8 de febreiro, no Museo da Gaita de Barbadás en horario de 16.00 a 19.00 horas.

As persoas interesas en anotar aos seus fillos e fillas poderán facelo a través da dirección de correo electrónico museodagaita@barbadas.gal ou por teléfono, chamando ao 988 360 413.

0.1290590763092