Barbadás prepárase para acoller as Festas de As Lamas 2024
Barbadás prepárase para acoller as Festas de As Lamas de 2024, que comezan este venres, 10 de maio, e extenderanse ata o domingo 12, de maio.
Na noite deste venres a música estará posta a cargo do grupo Claxxon, así como a discomóbil Gramola, que actuarán entre as 22.30 e as 3.30 horas, alternandose entre eles.
Mañá, sábado, a festa comezazará a partir das 13.30 horas cunha sesión vermú amenizada por unha charanga. Ademais, haberá hinchables gratis para os cativos durante todo o día. Pola noite, os encargados de poñer a música serán a orquestra Saudada, que actuará en alternancia coa discomobil Gramola entre as 22.30 e as 23.00 horas.
O domingo, unha banda de gaiteros amenizará a sesión vermú a partir das 13.30 horas, mentres que o peche final destas festas estará a cargo da orquestra Solara, que actuará a partir das 20.00 horas.