Cambios nos autobuses urbanos de Ourense polas Festas do Couto
A celebración das Festas do Couto afectarán desde hoxe, mércores, día 15, até o domingo, 19, aos itinerarios de 3 liñas do servizo de autobusesurbanos, concretamente á número 6 “Estación de autobuses antiga – Carlos Velo”, a 5 “Reza – Ceboliño”, e a 21: “Sexto instituto – O Peliquin – Residencia”.
Mercores 15, xoves, 16, venres, 17 e domingo, 19 de maio
Liñas 6 e 5. Percorrido (en sentido Carlos Velo e Ceboliño): Glorieta de Vistafermosa – Rúa Castro Canseco (Parada provisonal no cruzamento con Remedios) – Nacional 120 – Pardo de Cela (parada provisional na rotonda) . Non se modifica o percorrido en sentido a estación de autobuses antiga e Reza
Liña 21. Percorrido cara ai Sexto Instituto: Avenida de Portugal – Ervedelo – Rúa Castro Canseco (Parada provisional no cruzamento coa Rúa Remedios) – Nacional 120 – Pardo de Cela (Parada provisional na rotonda). Non se modifica o percorrido en sentido á residencia.
Ademais, o xoves, o venres e o domingo, cando se peche ao tráfico a rúa Greco, o percorrido cara a estación de autobuses antiga e Reza será a través de Parque de San Lázaro – Xoán XXIII e Ervedelo.
Sábado, 18 de maio
A partir das 16:00 horas as liñas 6 e 5 seguirán este percorrido: Glorieta de Vistafermosa – Rúa Castro Canseco (Parada provisional no cruzamento coa Rúa Remedios) – Nacional 120 – Avenida da Ribeira Sacra – Portovello – Fernández García – Curros Enríquez e Parque San Lázaro. No sentido inverso, cara á estación de autobuses antiga e Reza, os vehículos circularán por Parque Sán Lázaro - Xoán XXIII (ABANCA) - Ervedelo.