Celanova contará con preto dunha vintena de actividades culturais durante o mes de agosto
OurenseXa
As actividades inclúen obradoiros, concertos, teatro e diversas actividades para a veciñanza
Claustro Barroco de Celanova
1 Ago 2024
A programación cultural en Celanova continúa durante o mes de agosto con preto dunha vintena de actividades destinadas a todos os públicos que se desenvolverán ao longo do mes de agosto.
Programa de actividades para o mes de agosto en Celanova
- Do 1 ao 9 de agosto: Taller "Informática lúdica"
- 1, 8 e 14 de agosto: Obradoiro "Caricaturas"
- Do 1 ao 18 de agosto: Exposición "Nosa Xente"
- 2 de agosto: festa Pre-Ramallosa a partir das 23.30 horas
- 3 de agosto: Festa da Ramallosa
- 4 de agosto: Festa da Encarnación
- 5 de agosto: Taller "Papelarte"
- 7 de agosto: Monólogo de Carlos Blanco ás 20.30 horas no Claustro Barroco de Celanova, e presentación do libro "El Bosque de los Igmas" ás 19.30 horas na Casa dos Poetas
- Do 8 ao 10 de agosto: II Festival Lembranza Ibérica no Claustro Barroco
- 12 de agosto: Taller "Un libro e unha vaca" e taller "Girl Steam"
- Do 13 ao 17 de agosto: Festas de San Roque
- 22 de agosto: Movemento "Juventud Plena"
- Do 23 ao 24 de agosto: Concerto "Coral Solpor" no Claustro Barroco
- Do 24 ao 28 de agosto: Curso Internacional "Méodo Suzuki" e "Every Child Camp"