Celanova presenta o seu programa cultural para a segunda metade do mes de febreiro

OurenseXa
As actividades incluirán concertos, accións formativas, feiras, exposicións e celebracións do Entroido de 2025
recurso-teatro
12 Feb 2025

Celanova presenta o seu programa cultural para a segunda metade de febreiro e comezos de marzo, cunha variada oferta de actividades que inclúen concertos, accións formativas, feiras, exposicións e celebracións do Entroido de 2025.

A música terá un papel destacado con varias audicións organizadas pola AMIC no Auditorio Municipal: o 14 de febreiro ás 16:00 horas celebrarase a audición de Piano e Metal Madeira, mentres que o 15 de febreiro ás 19:00 horas será a quenda de Guitarra e Voz. Posteriormente, o 20 de febreiro ás 19:00 horas, poderase gozar da audición de Percusión.

As festividades tradicionais tamén terán o seu espazo coa XVII Cea-Baile de Comadres o 22 de febreiro ás 19:30 horas no Salón de Actos do Claustro Barroco, seguida dunha cea-baile ás 22:00 horas, que require reserva previa.

No ámbito formativo, o 25 de febreiro ás 19:00 horas impartirase unha acción formativa a cargo do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia no Salón de Arcos do Concello de Celanova.

O mes de marzo arrancará coa celebración de San Rosendo o día 1, cun Viño Español no Salón de Actos do Claustro Barroco en horario aínda por determinar, e desde as 10:30 horas, a tradicional pasarrúas e procesión polas Rúas da Vila e a Igrexa de San Salvador.

O Entroido Pequeno terá lugar o 3 de marzo no Pavillón Pedra da Moa, de 16:30 a 20:30 horas, con inchables, chocolate e bicas para os máis pequenos. Esa mesma xornada, ás 20:00 horas, a Praza Cervantes encherase de música e diversión co Celanova "XOU" Karaoke.

As celebracións continuarán o 8 de marzo con diversas actividades en honra ao Día da Muller. Durante a mañá, a Praza Maior acollerá a Feira con M Muller, mentres que no Concello de Celanova poderá visitarse a exposición "Baldomero Moreiras". Pola tarde, ás 17:00 horas, as Rúas da Vila serán escenario da esperada Piñata 2025.

Con esta programación, Celanova ofrece unha ampla variedade de actividades para gozar en comunidade e celebrar a cultura, a tradición e a creatividade.

0.29017281532288