Celtas Cortos actuará nas Festas de Ourense
Celtas Cortos actuará nas Festas de Ourense o venres, 21 de xuño. Así o confirmou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a través das súas redes sociais. Polo momento é a unica confirmación oficial a falta dunha semana para que den comezo a festas.
As Festas de Ourense 2024 terán lugar desde o mércores, 19 de xuño, ata o domingo, 23 de xuño. O goberno municipal aposta por manter o formato de festas con programación “compacta”, concentrando as actividades en 5 días, e facendo coincidir o seu inicio co remate do curso escolar, cando a rapazada e a mocidade inicia as súas vacacións. As festas coincidirán tamén, no seu remate, con outra festividade tradicional, como é o San Xoán.
Por terceiro ano consecutivo, as festas de Ourense terán un formato compacto, e ligarán o seu inicio á fin de curso escolar. Entende o goberno municipal que este modelo resulta “moito máis atractivo e operativo, e está acadar un éxito tremendo”, dada a grande participación por parte do público.
O mercado medieval é un dos eventos xa confirmados da programación festiva, xunto coa presenza das tradicionais atraccións de feira e o concierto de Celtas Cortos. Ademáis, o alcalde avanzaba fai uns meses que contaría co “Big Four” de Galicia, é dicir, as catro principais orquestras de Galicia: París del Noia, Panorama, Combo Dominicano e Olympus.