Centos de persoas concéntranse este martes na Praza Maior de Ourense polo Día da Discapacidade
Dez asociacións de Ourense, unidas dende hai varios anos “Baixo o mesmo Paraugas”, concentraránse de novo na praza Maior de Ourense, este 3 de decembro, a partir das 11.00 horas no Día da Discapacidade.
300 nenos e nenas de distintos colexios da cidade, en idades comprendidas entre o alumnado de 1º a 6º de primaria, levarán portando cada un os seu paraugas de cores, para dar visibilidade ás distintas realidades que podemos atopar nas persoas, sendo diferentes pero todas iguais, co lema #paragueirospoladiscapacidade e #paragueiraspoladiscapacidade.
O evento iniciará ás 11.00 horas cunha concentración, e a posterior chegada dos menores á praza Maior ás 11.30 horas, que poderán participar nunha actividade de slalom que se levará a cabo na mesma praza e finalizará coa lectura do Manifesto, ás 12.00 horas, por parte de persoas integrantes das asociacións organizadoras, a prol da igualdade, da integración real e efectiva e da equidade de todas as persoas, todo elo amenizado con música de Macaco composta para a ocasión.
Esta iniciativa vénse realizando dende hai 9 anos, integrando na plataforma de entidades cada día a máis asociacións, que este ano está composto polas asociacións de persoas con enfermidade de Crohn e colite ulcerosa, fibromialxia e fatiga crónica, parálise cerebral, enfermidade renal, esclerose múltiple, párkinson e enfermidades raras, cancro, dano cerebral adquirido, down, trastorno do espectro autista e a federación provincial de asociacións de persoas con discapacidade de Ourense.