Chega a Barbadás o espectáculo infantil María Faltri Picadiscos

OurenseXa
A vocalista, de longa traxectoria na música infantil galega, chegará a Barbadás este mércores 7 de agosto
María Faltri Picadiscos
5 Ago 2024

María Faltri, tamén vocalista da Banda dos Abrazos de Magín Blanco, chega agora cun novo espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil.

Durante o seu espectáculo María brindaralle aos pequenos e pequenas unha selección da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar, así como para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante. Un espectáculo cunha vocalista de longa traxectoria na música infantil galega que chegará a Barbadás este mércores, 7 de agosto, ás 20.30 horas, no Campo de Roma.

0.15854096412659