Chega a 'VIII Ruta Terrorífica e Pobo Fantasma de Valdomar'

A actividade, organizada pola Asociación Móvete por Nogueira ,arranca ás 21.00 horas na Praza de Luíntra
'VIII Ruta Terrorífica e Pobo Fantasma de Valdomar'
'VIII Ruta Terrorífica e Pobo Fantasma de Valdomar'
2 Nov 2024

Este sábado, 2 de novembro, celébrase a VIII Ruta Terrorífica e Pobo Fantasma de Valdomar, unha cita organizada pola Asociación Móvete por Nogueira para festexar o Samaín.

A actividade arrancará ás 21.00 horas coa partida do primeiro grupo, e os dorsais poderán recollerse a partir das 20.00 horas da tarde na Praza de Luíntra, onde tamén terá lugar a saída.

Ao remate da camiñada, os participantes poderán gozar de petiscos, música a cargo dun D.J. e sorteo con premios para o traxe máis orixinal, o máis elaborado e o máis aterrador.

0.16716599464417