COGAMI pon en marcha unha nova acción formativa en Ourense

COGAMI pon en marcha Ourense unha nova acción formativa en Xestión de Stock e Manexo de Carretilla Elevadora, ao abeiro do programa Máis Emprego, impulsado pola Fundación "la Caixa" e o FSE Plus. Nesta formación participan 15 persoas procedentes dos concellos de Xinzo de Limia, Celanova, Maside, Boborás, Piñor, Ourense, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.
Cunha duración de 55 horas, a formación teórica sobre o manexo dun almacén estase impartindo na Academia Ruanova de Ourense, en horario de 09.00 a 14.00 horas, con data de finalización do próximo 6 de maio. Os últimos tres días serán de prácticas no manexo da carretilla elevadora.
O programa de inserción sociolaboral Máis Emprego de COGAMI desenvólvese, ademais de en Ourense, nas cidades de Pontevedra, Ferrol, Lugo e Vigo. Ten como finalidade lograr a inclusión laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, como é o caso das persoas con discapacidade. O programa, financiado pola Fundación ”la Caixa” e o Fondo Social Europeo Plus, destaca por ofrecer formación especializada e itinerarios personalizados de inserción sociolaboral.