Coles subirá ao autobús do teatro o 26 de xaneiro
OurenseXa
As persoas participantes viaxarán a Santiago para ver a función ‘Nada se sabe’
10 Jan 2025
O 26 de xaneiro, o autobús do teatro chega a Coles para levar ás persoas participantes a Santiago a ver a función ‘Nada se sabe’. Terá saída ás 15.15 horas da Praza do Concello e a función será ás 18.00 horas.
‘Nada se sabe’ é unha coprodución do Centro Dramático Galego con Culturactiva, na que dúas actrices e dous actores cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferenza ante a discapacidade, que facemos como sociedade.
Este programa de mobilidade do Centro Dramático Galego traslada autobuses aos diferentes concellos galegos para achegar á súa veciñanza ás representacións teatrais que se desenvolven no Salón Teatro de Santiago.