Comezan os primeiros roteiros da primavera no Concello de A Peroxa
OurenseXa
Este domingo, 14 de abril, ás 10.00 horas, sairá a primeira ruta deste ciclo de andainas que se extenderán ao longo dos meses de abril e maio
Roteiros A Peroxa
13 Apr 2024
Os primeiros roteiros da primaveira do Concello de A Peroxa comezan este domingo, 14 de abril, cando terá lugar a primera das rutas, que pasará polas aldeas de Pousada, Gulfariz e Sandamiro, entre outras.
Esta andaina sairá ás 10.00 horas da mañá do Campo do Amparo, e rematará no mesmo lugar, tras percorrer uns 15 kilómetros. Ao rematar o roteiro terá lugar unha visita ao Museo do Lebre.
O seguinte roteiro, "Os Peares e os tres ríos", terá lugar o sábado 27 de abril e o domingo 19 de maio, cun percorrido de 4 kilómetros.
O domingo, 21 de abril, e o domingo, 12 maio, será o turno para a ruta "A historia das ruinas do castelo", tamén cun percorrido de 4 kilómetros.
Por último, o sábado, 27 de abril, e o domingo, 19 de maio, terá lugar o derradeiro roteiro, "O Penedo de Santigueiro", que percorrerá 3 kilómetros. Esta ruta ofrece tamén unha opción máis longa, de 12 kilómetros, que terá lugar os días domingo, 28 de abril e 12 de maio.