Cómplices aterriza esta noite en Nogueira de Ramuín cun concerto en acústico

O dúo, creado en 1987 por Teo Cardalda e María Monsonís, dará un concerto en acústico para presentar o seu último traballo
Cómplices
11 Ago 2024

O grupo Cómplices chega este domingo, 11 de agosto, ao Mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil cun concerto en acústico que arrincará ás 20.30 horas.

O dúo, creado en 1987 por Teo Cardalda e  María Monsonís, dará un concerto no que presentará o seu último álbum, 'Terra' e fará un repaso dos mellores traballos da súa carreira.

O concerto enmárcase dentro da programación do 'Agosto Cultural' de Nogueira de Ramuín, que continuará o vindeiro xoves, 15 de agosto, co monólogo ‘Divina’ de Ledicia Sola.

0.11653399467468