Continúan os traballos de limpeza nas marxes da OU-101 e da OU-104 ao seu paso por Maceda

OurenseXa
Levaranse a cabo traballos de limpeza e roza de vexetación, así como reposición ou reparación de elementos de valado
traballos-limpeza-estradas-recurso
10 Mar 2025

A Xunta continuará este luns os traballos de limpeza e roza nas marxes de nove estradas autonómicas, ao seu paso por dez municipios das catro provincias. Na provincia de Ourense, os traballos proseguirán as tarefas en execución nas vías OU-101 e OU-104, nos seus percorridos polo concello de Maceda, e na OU-402, en Castrelo de Miño.

Todas estas intervencións consisten na limpeza e roza de vexetación na zona de dominio público das estradas de titularidade da Xunta, e na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas autonómicas ou no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

As actuacións da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta cun investimento tot

⚙ Configurar cookies
0.16580390930176