Culturactiva estará este xoves en Barbadás con 'Máis Saaabor'

OurenseXa
O programa Cultural de Verán ofrece unha nova actividade perfecta para todos os públicos
cartel culturactiva mais sabor barbadas
Cartel
17 Xul 2024

O programa Cultural de Verán do concello de Barbadás trae unha nova actividade da man de Culturactiva, o espectáculo Máis Saaabor!, unha proposta cómica para público infantil e familiar de creación propia e dirixida por Avelino González en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público.

Terá lugar o xoves 18 de xullo, ás 21.00 horas, no Parque dos Patos, na Valenzá.

0.19409799575806