Segundo o compendio de enquisas electorais que elabora o portal especializado Electomania.es, o partido Democracia Ourensana entraría no Parlamento galego cun escano, algo que podería resultar determinante para a gobernabilidade da Xunta de Galicia.
O PP mantense como a forza máis votada nas Eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o próximo día 18 de febreiro, cun 46,3 % dos votos, e o resultado do PP é lixeiramente máis alto que o da anterior actualización deste compendio de enquisas. Desta forma, o partido liderado por Alfonso Rueda lograría 39 deputados no Parlamento Galego, co que quedaría un por encima da maioría absoluta, fixada en 38 escanos, pero sería o resultado máis baixo do PP nos últimos anos.
Democracia Ourensana entraría no parlamento cun escano, partido que ten un acordo de goberno co PP tanto na Deputación como no Concello de Ourense. Segundo este compendio de enquisas, Vox e Sumar non tería sitio no Parlamento Galego.
As tendencias mantéñense máis ou menos estables nas últimas semanas. Desta forma, pódese derivar que a orde dos partidos manterase estable ata a data das eleccións, co PP en primeiro lugar, o BNG como segunda forza máis votada e o PSdG-PSOE sería a terceiro forza, polo que a alternativa a Alfonso Rueda pasaría por facer presidenta da Xunta á candidata do BNG, Ana Pontón.
En canto ao reparto de escanos, nesta nova onda das Enquisas Electorais, a formación Sumar quedaría fóra do parlamento galego, onde estarían PP, BNG, PSdG-PSOE e DO.
O actual presidente da Xunta, o popular Alfonso Rueda, conseguiría 39 escanos no parlamento e, por tanto, unha maioría con 1 escano por encima da liña que marca a metade máis un dos postos do parlamento. A disputa máis pechada parece estar na provicina da Coruña onde o PP e o BNG manteñen o pulso por un escano.
O resultado por provincias lanza unha vitoria por maioría absoluta do Partido Popular na Coruña, Lugo e Ourense, onde conseguría máis da metade dos escanos que se poñen en xogo, mentres que no caso de Pontevedra tamén sería a forza máis votada, pero non de forma maioritaria.
Sumar, que en anteriores actualizacións deste compendio de enquisas, lograría dous escanos (1 na Coruña e outro en Pontevedra) quedaría a día de hoxe sen representantes nas cortes rexionais.
Para poder conseguir un escano no Parlamento Gallego é necesario superar o 5 por cento dos votos na circunscrición na que se presenta. Nas provincias de Lugo e Ourense, o Partido Popular estaría no límite de conseguir máis do 50 por cento de todos os votos válidos, o que lle daría a vitoria.