Derradeiros días para anotarse no Concurso de Disfraces de San Cibrao da Viñas

O concurso terá lugar o sábado 1 de marzo e as inscricións pecharanse este venres
entroido-san-cibrao
18 Feb 2025

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza o vindeiro sábado 1 de marzo, con motivo do Entroido de 2025, un concurso de disfraces que se levará a cabo no Polideportivo de San Cibrao das Viñas ás 17.00 horas e que contará con actividades para todas as idades.

O prazo para anotarse permanecerá aberto ata este próximo venres, 21 de febreiro, de forma presencial nas oficinas do Concello en horario de 8.30 a 14.00 horas, ou por internet a través da súa páxina web.

Haberá tres modalidades, comparsas, grupos e individual, e poderán participar todos aqueles veciños e veciñas que estean empadroados no concello. Durante o concurso haberá música, xogos e foodtruks.

0.11277914047241