Eirasvedras celebra as súas festas esta fin de semana

As festas de Eirasvedras regresan este venres, 9 de maio, ata o domingo, 11 de maio, cun variado programa de actividades que inclúe música, verbenas, procesións e eventos para toda a familia.
As festividades comezarán o venres 9 de maio cunha cena popular dirixida aos colaboradores e veciños, á que seguirá unha verbena coa Orquestra Marbella, que animará a noite coa súa música.
O sábado 10 de maio comezará cedo cunha alborada a cargo do grupo Redegaita, que encherá o barrio de música tradicional. A continuación, os máis pequenos poderán gozar dunha fiesta infantil con xogos e merenda.
Pola noite, a verbena estará a cargo da Orquestra Magos. O domingo 11 de maio, a xornada comezará cunha misa solemne cantada polo Orfeón Unión Ourensana, seguida dunha tradicional procesión a cargo de Redegaita. Para rematar, ás 13.00 horas, haberá unha sesión vermú co grupo Vaivén, poñendo o broche final ás celebracións.