Entra en funcionamento o ascensor de Ervedelo
OurenseXa
O novo ascensor comezou a funcionar a noite do mércores, 31 de xullo, tras máis dun ano en obras
1 Ago 2024
O novo ascensor de Ervedelo posto en marcha polo Concello de Ourense, que conecta coa rúa Avilés de Tamancos, entrou en funcionamento na noite deste mércores, 31 de xullo, logo de máis dun ano en obras debido aos problemas ocasionados pola liña de media tensión que pasa por debaixo da estrutura e que obrigou a retrasar os traballos varios meses.
O novo ascensor, que facilita a mobilidade entre ambas rúas, contou contou cun orzamento de máis de medio millón de euros.